Vistas de página en total

lunes, septiembre 28, 2009

Aniversarios


Esta semana é de efemérides:
Xa pasou un ano do II Festival nacional coral de la Avellana en Infiesto (Asturias) no que a nosa Coral Xan Mella acadou o primeiro premio e a avellana de ouro. Era a primeira vez, e polo de agora a última, que nos presentábamos a un concurso e o resultado non poido ser mellor.Todos lembramos con ledicia aquel fin de semana e tamén lembramos con agarimo a todos os compoñentes da Coral Ars Nova de Infiesto organizadora do concurso que este ano cumpliu a III Edición.
Tamén se cumplen estes días o quinto cabodano do pasamento do noso presidente fundador: Pepe Valiña. E a coral o vai lembrar como mellor o sabe facer: cantando.

O vindeiro domingo 4 de outubro a Coral Xan Mella cantará
a misa do mediodía na Igrexa nova de Baio
na memoria do noso sempre presidente Pepe Valiña.
A foto de Pepe Valiña que acompaña esta entrada é de Casal,
o noso amigo fotoperiodista de La Voz de Galicia.

2 comentarios:

ajaspino dijo...

Alégrome, ainda sen ter coñecido ao fundador, de que a vosa Coral celebre o cabodano do seu fundador. Así debería ser sempre... e non sempre é ;)

Xan Mella dijo...

Eu tamén me alegro de que sigas o noso blog e de que trouxeras ben as neuronas despois das vacacións por aló arriba.
E lémbrate que en decembro temos o Memorial Pepe Valiña e ti eres o "cartelista" oficial. (E este ano xa sabemos a quen lle vai tocar... a lotaría)