Vistas de página en total

lunes, octubre 12, 2009

De aquí a Nadal

A Coral Xan Mella afronta este trimestre final de 2009 coa axenda repleta de actuacións:
O sábado 31 de outubro viaxaremos á vila pontevedresa de Campañó para participar no IV Certame en Clave coral que organiza a FECOGA e a Xunta de Galicia.
Os 7 e 8 de novembro realizaremos a nosa primeira saída fora das fronteiras españolas. Será na viciña Portugal, en Paços de Ferreira, na que participaremos no XXV Aniversario do Orfeao de Paços de Ferreira.
Á semana seguinte, 14 de novembro, dentro dos Circuitos culturais da Deputación de A Coruña, cantaremos en Vilaboa (Culleredo) convidados polo Coro de Mulleres da localidade coruñesa.
O 21 de novembro cantaremos na veciña vila de Corcubión no I Encontro de corais da Costa da Morte.
Remataremos novembro en Carballo: o sábado 28 participaremos no Festival de Santa Cecilia que organiza a Coral polifónica de Bergantiños.
Xa en decembro o domingo 13 as nosa cantigas viaxarán ao Concello de Teo e o sábado 19 de decembro celebraremos en Baio o VI Memorial Pepe Valiña.
Seguiremos informando.

No hay comentarios: