A nosa Coral polifónica Xan Mella viaxará a Valdeorras (Ourense) o vindeiro sábado 25 de abril onde participará nunha xuntanza de corais. Compartiremos cartel coa Coral carrionesa de Carrión de los Condes (Palencia) e os anfitrións do Orfeón Valdeorrés. A actuación será no Teatro Avenida da Rúa de Petín ás 20:00 horas.Neste Festival de primavera a coral que dirixe Tatiana Pankrátova estreará a obra "Lela" con letra de Castelao e harmonización de J. Dominguéz e a propia Pankrátova.
No hay comentarios:
Publicar un comentario