Vistas de página en total

martes, octubre 28, 2008

Seguimos cantando: de aquí a nadal...

A Coral polifónica Xan Mella cantará, como xa ven sendo tradicional, a Misa de Todos os Santos o sábado 1 de novembro ás 17:00 horas na Igrexa de Baio pequeno.
O 22 de novembro estaremos no auditorio municipal de Padrón ás 19:oo horas compartindo cartel coa Sdade. recreativa a Gaiteira de A Coruña e a Coral polifónica padronesa co motivo da III Edición do Certame En clave coral que patrocina a Fecoga e a Xunta de Galicia.
Unha semana despois, o sábado 29 de novembro, viaxeremos a Pontedeume onde, co motivo do Festival de Santa Cecilia, cantaremos xunto á Polifónica eumesa e Voces amigas de Moraña (Pontevedra). O concerto será ás 20.00 horas na Igrexa Parroquial.
E despois, xa en Nadal, o sábado 20 de decembro celebraremos en Baio o V Memorial de corais Pepe Valiña.

domingo, octubre 19, 2008

Recepción no Concello de Zas

Onte o alcalde do noso concello Manuel Muíño e os concelleiros José Calo e Xose Manuel Romero brindáronnos unha recepción oficial aos membros da Coral Xan Mella polo premio acadado en Infiesto. O alcalde felicitounos decindo que unha agrupación así era un orgullo para Zas e por levar o nome do concello nos moitos sitios nos que cantamos; tamén se lembrou de Pepe Valiña, o noso presidente fundador, como gran impulsor e iniciador da cultura en Baio.

jueves, octubre 02, 2008

Avellana de ouro en Infiesto. Crónica da viaxe

O sábado saímos cediño de Baio e paramos tomar o vermú en Cudillero,
despois comimos xa en Infiesto (as "patatinas con jabalí" estaban boísimas)

Á noite actuamos de últimos (cumpriúse aquel refrán...) e esperamos a que rematase a cea (con"pitu de calella") para saber o primeiro veredicto do xurado: pasábamos á final. Eran as dúas da madrugada e ao enterarnos saltamos de ledicia e... para a cama a descansar.
O domingo ía ser un día moi movidiño.

Pola mañá visita a Covadonga. Alí a santina obrou o miragre coñecido
como"O café de Culín o pintor" do que daremos conta noutro post.
Antes da comida uns "culines de sidra"en Cangas de Onís . Despois comida en Infiesto (fabes con almexas e cachopo de lenguado, partida de tute e... concentrarnos para a final).

E na final...quedamos primeiros neste "II Certame nacional coral de la avellana".
Choros, abrazos e emocións contidas. De regalo cantamos Katiusha.
Na foto: diante da Igrexa de Infiesto.
Todos xuntos, coralistas e acompañantes na foto final.
Houbo que cantar na praza o Asturias patria querida.
Os anfitrións da Coral polifónica Ars nova de Infiesto unha maravilla (cantarán en Baio o vindeiro verán), a organización im-presionante, o público bateu palmas a reventar e nós...
moi contentos polo primeiro premio e... a seguir esforzándonos pola música coral.