despois comimos xa en Infiesto (as "patatinas con jabalí" estaban boísimas)
Á noite actuamos de últimos (cumpriúse aquel refrán...) e esperamos a que rematase a cea (con"pitu de calella") para saber o primeiro veredicto do xurado: pasábamos á final. Eran as dúas da madrugada e ao enterarnos saltamos de ledicia e... para a cama a descansar.O domingo ía ser un día moi movidiño.
como"O café de Culín o pintor" do que daremos conta noutro post.
Antes da comida uns "culines de sidra"en Cangas de Onís . Despois comida en Infiesto (fabes con almexas e cachopo de lenguado, partida de tute e... concentrarnos para a final).
E na final...quedamos primeiros neste "II Certame nacional coral de la avellana".Choros, abrazos e emocións contidas. De regalo cantamos Katiusha.
Na foto: diante da Igrexa de Infiesto.
Todos xuntos, coralistas e acompañantes na foto final.Houbo que cantar na praza o Asturias patria querida.
Os anfitrións da Coral polifónica Ars nova de Infiesto unha maravilla (cantarán en Baio o vindeiro verán), a organización im-presionante, o público bateu palmas a reventar e nós...
moi contentos polo primeiro premio e... a seguir esforzándonos pola música coral.


No hay comentarios:
Publicar un comentario