A Coral polifónica Xan Mella cantará, como xa ven sendo tradicional, a Misa de Todos os Santos o sábado 1 de novembro ás 17:00 horas na Igrexa de Baio pequeno.O 22 de novembro estaremos no auditorio municipal de Padrón ás 19:oo horas compartindo cartel coa Sdade. recreativa a Gaiteira de A Coruña e a Coral polifónica padronesa co motivo da III Edición do Certame En clave coral que patrocina a Fecoga e a Xunta de Galicia.
Unha semana despois, o sábado 29 de novembro, viaxeremos a Pontedeume onde, co motivo do Festival de Santa Cecilia, cantaremos xunto á Polifónica eumesa e Voces amigas de Moraña (Pontevedra). O concerto será ás 20.00 horas na Igrexa Parroquial.
E despois, xa en Nadal, o sábado 20 de decembro celebraremos en Baio o V Memorial de corais Pepe Valiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario