Vistas de página en total

sábado, junio 28, 2008

Fin de curso musical





Onte celebramos o Festival de Fin de curso da Escola de música da A.M.C. Pepe Valiña. Participaron case trinta pianistas que foron a clases coa profesora Tatiana Pankrátova e como peche presentouse en público o Sexteto de Corda de Baio, un grupo de rapazas da nosa vila que cursan estudos de violín e violonchelo no Conservatorio de Carballo. Todo un éxito.

jueves, junio 26, 2008

Escola de música


A Escola de música da
nosa Asociación músico cultural Pepe Valiña de Baio
celebrará mañá venres 27 de xuño ás 21:00 horas no
Auditorio do Pavillón de Baio o
Festival fin de curso
no que participarán unha trintena de alumnos de piano
que estudaron este curso baixo a tutela da profesora Tatiana Pankrátova.
Como peche do festival presentaráse en público o
Sexteto de corda de Baio
composto por rapazas da vila labartiana que estudian violín e violonchelo no
Conservatorio de Carballo.

lunes, junio 23, 2008

Concerto en Baio





Baio viviu o pasado sábado o VI encontro de corais cun público entregado que encheu a igrexa nova para escoitar á Coral do hospital Xeral-Calde de Lugo, ao Coro do Centro asturiano de Oviedo e á nosa Coral Xan Mella.
Principiaron os lugueses e gustaron moito sobre todo coa portuguesa “Coimbra” e co tema co que pecharon “O león durme esta noite” na que sorprenderon ao auditorio cun xogo de voces con reminiscencias étnicas.
Tamén agradaron os da capital do principado que presentaron un programa variado con boleros, canción galega e asturiana e pecharon cunha cantiga popular zulú titulada “Aya ngena” na que todo o público participou batendo palmas
Os anfitrións da Coral polifónica Xan Mella colleitaron os aplausos máis prolongados da noite coa estrea de “Terra meiga” e a habanera “Jardín de ensueño” os dous temas do compositor Rey Rivero.
Despois as tres corais participantes xuntámonos nunha cea de confraternidade na que non faltaron os callos de Casa Ovidio, os compases "vinarios", o bo humor e, por suposto, a música.
Moitas grazas a todos os asistentes e sobre todo ás dúas corais convidadas. Sabemos que tanto en Lugo como en Oviedo temos bos amigos.

miércoles, junio 11, 2008

Programa VI Encontro de Corais



A Coral Xan Mella de Baio e a A.M.C. Pepe Valiña organizan o vindeiro sábado 21 de xuño ás 21:00 horas na igrexa nova o VI Encontro de corais co seguinte programa:



Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo
Director:Fernando Gómez Jácome

Canción do temporal....L. A.Carballo/ J. López
Coimbra.........R .Ferrao (arr. J. Teixeira)
Camino del indio....... Atahualpa Yupanki
Te quiero............A.Favero (arr: Liliana Cangiano)
The lion sleeps tonight...Weiss, Peretti & Creatore

Coro Centro Asturiano de Oviedo
Directora: Patricia Miriam Mtnez.

Piel canela.........Bobby Capo
Habladme del mar.......Angel Barja/Dolores Otero
O voso galo comadre...... M.Groba
Soy de verdicio...........Popular asturiana/Casielles
Aya ngena ............ Popular zulú

Coral polifónica “Xan Mella”de Baio
Directora: Tatiana Pankrátova

Ave María no Morro....Martins (arm:T. Pankrátova)
Terra meiga.........Rey Rivero
Nos caneiros..........Daniel González
Torrevieja............Ricardo Lafuente
Jardín de ensueño......Rey Rivero

lunes, junio 09, 2008

O polbo de Piticas


Cando no inverno pasado cantamos en Laxe xunto ao Orfeón Breogán os pinchos post-concerto foron unha exquisitez sobre todo debido ao agasallo de José Toja “Piticas” quen nos convidou ás tres corais a unha morea de quilos de polbo que viña de pescar.
Ademais de cociñeiro e mareante este laxenxe de pro é compositor e guitarrista e forma parte do grupo musical “O tren da unha” que máis dunha vez nos ten acompañado nas nosas “verbenas”.
Aquí van un par de fotos actuando na dobre faceta de cociñeiro e guitarrista-cantante xunto a Jesusmari e os irmáns Manolo e Miguel Droghas.

domingo, junio 01, 2008

De misas,comidas e outras




Como xa dimos conta aquí a coral cantou a Misa de Corpus e á noite xuntámonos no Muíño do Allo máis de sesenta persoas nunha pantagruélica cea (Luís Perez cociñou un churrasco fantástico) na que na sobremesa musical nos acompañaron dous bos amigos de Laxe : José Toja "Piticas" á guitarra e JesusMari ás percusións nunha velada que se prolongou ata altas horas da madrugada.
Hoxe a coral Xan Mella canta a misa da Milagrosa de Lamas (Zas) e o venres que ven (6 de xuño) ás 21:00 horas na igrexa de Baio pequeno as nosas voces poderán escoitarse no oficio relixioso para celebrar os 40 anos da "Cooperativa da Unha".
E xa estamos cos preparativos do que vai ser o VI Encontro de corais que se celebrará na Igrexa nova de Baio o sábado 21 de xuño ás 21:00 horas e no que contaremos coa presencia da Coral polifónica do hospital Xeral-Calde de Lugo, o Coro do Centro Asturiano de Oviedo e a anfitriona Coral Xan Mella.
As fotos: apoteose churrasqueril, a orquestra de Laxe en plena faena e unha mostra da cooperativa da Unha