Baio viviu o pasado sábado o VI encontro de corais cun público entregado que encheu a igrexa nova para escoitar á Coral do hospital Xeral-Calde de Lugo, ao Coro do Centro asturiano de Oviedo e á nosa Coral Xan Mella.
Principiaron os lugueses e gustaron moito sobre todo coa portuguesa “Coimbra” e co tema co que pecharon “O león durme esta noite” na que sorprenderon ao auditorio cun xogo de voces con reminiscencias étnicas.
Tamén agradaron os da capital do principado que presentaron un programa variado con boleros, canción galega e asturiana e pecharon cunha cantiga popular zulú titulada “Aya ngena” na que todo o público participou batendo palmas
Os anfitrións da Coral polifónica Xan Mella colleitaron os aplausos máis prolongados da noite coa estrea de “Terra meiga” e a habanera “Jardín de ensueño” os dous temas do compositor Rey Rivero.
Despois as tres corais participantes xuntámonos nunha cea de confraternidade na que non faltaron os callos de Casa Ovidio, os compases "vinarios", o bo humor e, por suposto, a música.
Moitas grazas a todos os asistentes e sobre todo ás dúas corais convidadas. Sabemos que tanto en Lugo como en Oviedo temos bos amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario