Ademais de cociñeiro e mareante este laxenxe de pro é compositor e guitarrista e forma parte do grupo musical “O tren da unha” que máis dunha vez nos ten acompañado nas nosas “verbenas”.
Aquí van un par de fotos actuando na dobre faceta de cociñeiro e guitarrista-cantante xunto a Jesusmari e os irmáns Manolo e Miguel Droghas.
2 comentarios:
Penso que vos comedes e bebedes máis que cantar... sodes músicos de compás Vinario !!
Moi bo ese xogo de palabras. Pero ti, coma músico que eres xa sabes o que decían os latinos "Primum vivere, deinde cantare"... ou algo así.
Publicar un comentario