Como xa dimos conta aquí a coral cantou a Misa de Corpus e á noite xuntámonos no Muíño do Allo máis de sesenta persoas nunha pantagruélica cea (Luís Perez cociñou un churrasco fantástico) na que na sobremesa musical nos acompañaron dous bos amigos de Laxe : José Toja "Piticas" á guitarra e JesusMari ás percusións nunha velada que se prolongou ata altas horas da madrugada.
Hoxe a coral Xan Mella canta a misa da Milagrosa de Lamas (Zas) e o venres que ven (6 de xuño) ás 21:00 horas na igrexa de Baio pequeno as nosas voces poderán escoitarse no oficio relixioso para celebrar os 40 anos da "Cooperativa da Unha".

E xa estamos cos preparativos do que vai ser o VI Encontro de corais que se celebrará na Igrexa nova de Baio o sábado 21 de xuño ás 21:00 horas e no que contaremos coa presencia da Coral polifónica do hospital Xeral-Calde de Lugo, o Coro do Centro Asturiano de Oviedo e a anfitriona Coral Xan Mella.
As fotos: apoteose churrasqueril, a orquestra de Laxe en plena faena e unha mostra da cooperativa da Unha
1 comentario:
Espectacular o xantar, o lugar e como sempre a xente. Pensamos que tanto Baio coma Laxe teñen uns arrabais lonxanos, ainda que para estar cuns bos amigos non exista distancia algunha. Que se repita ¡¡
Publicar un comentario