Outro ano máis o deseñador Chenchu López nos agasallou cun orixinal cartel para ilustrar o Concerto de Nadal IV Memorial Pepe Valiña que celebraremos o vindeiro sábado 15 de decembro ás 21:00 horas na Igrexa nova de Baio.
Dende 2002 vimos cantando polas catro provincias galegas, Asturias, León, Madrid e Portugal. Gravamos dous Cds cun repertorio moi variado: canción galega, habaneras, polifonía litúrxica, música pop, panxoliñas e folclore internacional. En setembro do 2008 gañamos o Primeiro Premio no II Certamen nacional de masas corales de la avellana en Infiesto-Piloña (Asturias) Temos participado nas cinco edicións do Certame En Clave Coral . Tatiana Pankrátova é a nosa directora fundadora. 626808645
Vistas de página en total
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
jo!!, que lindo... ji ji ji
Boeno, deseño que teñades tódlas corais un bo concerto.
Saúdos Baio.
Estiven ollando o voso Blog así que deixevos un saudo de outros que coma vos tamen cantamos.
Moitos éxitos.
Publicar un comentario