O pasado sábado, coa Igrexa ateigada de xente a pesares do frío, celebramos o Concerto de Nadal IV Memorial Pepe Valiña.
Abríu o festival a Coral do Sporting club casino de A Coruña que nos ofreceu un interesante repertorio no que destacaron as panxoliñas e as cancións sudamericanas; a coral herculina, dirixida por Lis Teuntor, gustou sobre todo no tema "Boiadeiro".
A Coral Villa de Jovellanos de Xixón amosou porque é unha das corais máis laureadas do Principado tendo acadado multitude de premios nos que hai que destacar os de polifonía e habaneras no Certame internacional de Torrevieja. Soou potente e moi afinada, con armonías verdadeiramente difíciles e un empaste coral digno de eloxiar. Sen nengunha dúbida a mellor coral que se ten escoitado ultimamente por estas terras da Costa da Morte. Estivo dirixida por Javier Fernández e gustaron sobre todo o medley de West side story e a canción que pechou a súa actuación, un tema asturiano titulado "Rondó de la Jeringosa".
Como manda o protocolo a coral anfitriona pechou este IV Memorial. Tatiana Pankrátova dirixiu unha Coral Xan Mella cada vez máis segura nas súas posibilidades e que estreou o tema brasileiro "Ave María no morro" arrincando os aplausos máis prolongados da fría noite.
E despois continou a festa no baixo do Edificio Plaza xentilmente cedido por Frutas Gavín e todos disfrutamos dos callos quentiños que nos prepararon as Amigas de Casa Ovidio. ¡E ben que se agradeceron co quentiños que estaban!
No hay comentarios:
Publicar un comentario