
A Coral polifónica Xan Mella foi seleccionada para participar no Certame en Clave coral (o que era antes Galicia Cantat).
Foron dazaseis as polifónicas seleccionadas para dar catro concertos, un en cada provincia galega.(La voz de Galicia, 30 de novembro)
A nosa coral cantará o vindeira sábado 20 de xaneiro ás 20:oo horas na Igrexa de San Pedro en Lugo xunto á Coral polifónica Trasdeza de Silleda (Pontevedra) e a Coral polifónica do Hospital xeral de Calde.
O cartel que ilustra esta entrada é o do I Memorial Pepe Valiña que se celebrou en Baio o 26 de decembro de 2004. Naquel concerto compartimos memorial coa Agrupación polifónica de Carballo (á que tamén dirixía a nosa directora Tatiana Pankrátova) e para rematar as dúas corais xuntas cantamos a habanera "Paloma mensajera".
No hay comentarios:
Publicar un comentario