
Este é o cartel do Concerto de Nadal III Memorial Pepe Valiña obra de Chenchu Martínez, o deseñador gráfico que leva feito os carteis dende o primeiro Memorial .
Será o sábado 16 de decembro ás 21:00 horas na Igrexa nova de Baio.
Vai ser un concerto especial porque ven a Coral polifónica de Ribadeo, decana da provincia de Lugo - con máis de cincoenta anos de existencia - , que é a vila natal do noso secretario e, tamén, marido da nosa directora e porque haberá moitas sorpresas...
Seguiremos informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario