
Por terceiro ano consecutivo (algúns aínda nos lembramos dos chuzos que caeron o primeiro) a Asociación musico-cultural Pepe Valiña de Baio - na que está encadrada a Coral Xan Mella - organiza a xa tradicional sardiñada na noite de San Xoán, noite de cachelas, de meigas e de maxia.
Será o venres 23 de xuño, ao caer a noite, na Praza Braulio Astray e haberá boroa e sardiñas (que nesta noite mollan o pan) de balde.
¿O viño?... pois a bebida haberá que pagala que non están os tempos como para regalar todo.
Na organización axúdannos a Asociación de Veciños Tabeirón, o Grupo de Teatro Badius e os Amigos do cabalo de Baio. E é que na nosa vila por colaboración veciñal que non quede.
Estades todos convidados a desfrutar da festa na que, por suposto, non faltará a música.
1 comentario:
Noraboa polo comezo desta travesía. Xa veredes que pouco a pouco as entradas irán crecendo.
Unha aperta.
chenchu
Publicar un comentario