Fantástica a actuación da nosa Coral Xan
Mella o sábado pasado en Bueu
(Pontevedra) onde compartimos escenario cos anfitrións da “Coral acordes” e a
Coral Rondalla Estrelecer de Fene.
Fomos moi aplaudidos e felicitados polos
compoñentes das outras agrupacións participantes e polo numeroso público
asistente, que gozou das tres corais no “Auditorio Centro social do Mar” e que
bateu palmas con nós ao compás de Katiusha.
Neste concerto debutou acompañando á coral,
dirixida coma sempre Tatiana Pankrátova,
a xoven pianista baiesa Nuria Vilariño
á que lle auguramos un moi bo futuro no mundo da interpretación.
Non todo foi cantar. Pola mañá visitamos o fermoso
lugar de Vilanova de Cerveira (Portugal) onde disfrutamos camiñando polas súas
rúas e visitando a súa feira semanal.
Moitas grazas aos nosos amigos da Coral Acordes de
Bueu pola boa organización e o bo trato que nos dispensaron e aos que recibiremos
en Baio no Concerto de Nadal deste ano.
E este sábado 26 de novembro participaremos
nun concerto de polifonía organizado pola Coral
polifónica de Bergantiños para honrar á patroa da música. O evento será ás
21:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo.
Para pechar o ano a Coral Xan Mella celebrará o XIII Memorial Pepe Valiña en Baio o sábado 17 de decembro onde tamén
participarán o Coro Xoven da ESMU Pepe
Valiña, o Orfeón de Trives (Ourense)
e a Coral Acordes de Bueu (
Pontevedra).
No hay comentarios:
Publicar un comentario