Mañá domingo 6 de novembro a Coral Xan Mella
de Baio cantará a misa de 12 na Igrexa
nova de Baio pola memoria do noso Presidente fundador Pepe Valiña neste ano que
se cumpre o décimo segundo aniversario do seu pasamento.
O sábado 19 de novembro a coral participará no Festival de Santa Cecilia que organiza a Coral Acordes de Bueu (Pontevedra) e á semana seguinte tamén estará presente en Carballo ,o sábado 26 de novembro, nun concerto de polifonía organizado pola Coral polifónica de Bergantiños para honrar á patroa da música.
Para pechar o
ano a Coral Xan Mella celebrará o XIII
Memorial Pepe Valiña en Baio o sábado
17 de decembro onde tamén participarán o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña, o Orfeón de Trives (Ourense) e a
Coral Acordes de Bueu de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario