Que ben queda un
cando remata o concerto e sabes que a coral soou fantasticamente e es
felicitado polos compañeiros das outras corais, polos directores e polo numeroso
público asistente.
Iso nos pasou a
nós o sábado pasado na Igrexa de Tarrío, en Culleredo, onde participamos no XXI
Certame de canto coral convidados pola anfitrioa Coral Fonte do Couto que cumpría 23 anos. Tamén
participaron a Coral de Santa Comba de Cordeiro (Valga) e a Coral de Melide.
A coral Xan
Mella foi acompañada ao piano pola xoven Antía Vidal e estreou o tema “Ronda de
namorados” da Zarzuela “La del soto del parral”. Tamén fixeron o seu estreo coa
coral Ana María Sarria Cruz e Blasco Rodríguez Porta, sangue nova para unha
polifónica que o ano que ven cumprirá 15 anos.
De remate as catro corais xuntas "cantamos" "A muiñeira do Santo Amaro"...
De remate as catro corais xuntas "cantamos" "A muiñeira do Santo Amaro"...
Moitas
grazas aos compañeiros das outras corais e especialmente aos de Culleredo e á
súa presidenta Charo Canedo, que nos devolverán a visita no próximo mes de xuño
en Baio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario