Despedimos o ano cantando para os maiores da Residencia Geriatros de Vimianzo. A Coral Xan Mella e o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio dirixidos por Tatiana Pankrátova pasamos a tarde do domingo 20 compartindo as nosas panxoliñas, cantigas galegas, habaneras e temas rusos cuns residentes que tamén se animaron a cantar e a bater palmas con nós.
Foi unha velada moi fermosa na que todos aprendimos moitas cousas.
E agora unhas máis que merecidas vacacións.
Boas festas de Nadal!Que a paz, a saúde, a ledicia é a música sexan as vosas compañeiras de
viaxe no 2016!
No hay comentarios:
Publicar un comentario