O pasado domingo
celebrouse en Vimianzo o I Encontro de Corais da
Terra de Soneira que ateigou a Casa da
Cultura de centos de persoas que aplaudiron con moitas ganas ás tres corais
participantes: O Coro de Mulleres de
Camariñas,
a Coral Xan Mella de Baio e a anfitriona Coral Lusco e Fusco.
Sabíamos que o novo
goberno municipal vimiancés apostou fortemente pola cultura desde un principio
e hai que agradecerlle que tamén se lembrase da música coral organizando un
festival que resultou moi entretido e no que se poido escoitar dende polifonía litúrxica
ata música pop e canción sudamericana.
A destacar que as tres
corais participantes incluimos nos nosos programas habaneras en
galego compostas por autores locais: a de
Camariñas a "Habaneira e
valse de Camariñas" de Blanco
Campaña, a de Vimianzo "A
vella chalana" de Méndez
Torrado e a nosa Coral Xan Mella a "Habanera
de Baio" con música de Perfecto Varela e letra do noso presidente
Antonio Díaz Amor.
Un éxito de festival que
esperamos teña continuidade en vindeiros anos.
Parabéns ao
Concello de Vimianzo e á coral local
Lusco e Fusco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario