Vistas de página en total

domingo, octubre 23, 2011

Do concerto en As Pontes

"Quentando voces"antes do concerto
Concerto no Teatro Aloví
Pantagruélico post-concerto

A Coral Xan Mella segue coa xira de outono. O sábado pasado participamos no Concerto de outono que organizou o Concello de As Pontes de García Rodríguez e a Coral Endesa e compartimos escenario co veciño Coro de mulleres de Camariñas, a Coral de Mos (Pontevedra) e os anfitrións.

Foi un festival moi entretido e variado de catro corais que o puxemos todo sobre un escenario do Teatro Aloví esteticamente moi fermoso pero cunha acústica pouco axeitada para a música polifónica.

Fomos moi aplaudidos e felicitados tanto polo público presente coma polos compoñentes das outras corais, especialmente pola nosa interpretación de “Hijo de la luna” e “California dreamin” (o que parece demostrar que a música pop está principiando a despuntar entre os afeccionados á música coral, non todo van a ser habaneras e galegadas. Aquí hai un bo tema para a reflexión).

O post-concerto foi im-presionante: sorprendéronos cun pantagruélico cocido do que da boa conta o reportaxe fotográfico. E despois para "baixalo"... unha morea de cantigas en boa confraternidade.

Moitas grazas aos nosos amigos da Coral Endesa, especialmente a Luis. Sabede que neste recuncho da nosa Costa da Vida tedes unha coral Amiga.

E o vindeiro domingo 30 de outubro participaremos en Vimianzo no I Encontro de Corais da Terra de Soneira. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura

No hay comentarios: