Vistas de página en total

lunes, mayo 23, 2011

Do concerto en Calo-Teo






Estamos moi satisfeitos da nosa actuación o pasado fin de semana en Calo-Teo onde fumos moi felicitados e aplaudidos polo público e os integrantes das outras corais (os anfitrións e a coral de Villanueva de la Vera-Cáceres; os de Corcubión non nos poideron escoitar pois marcharon xusto despois de actuar por mor dun accidente dun parente dunha coralista). Estreamos a "Ruada de Chamosa" que gustou moito, tanto ou máis que "California Dreamin", e o público bateu palmas coma nunca ao compás de "Katiusha". Estos tres temas serán os que cantaremos o vindeiro sábado 28 de maio en Muxía no III Encontro de corais da Costa da Morte
Ao remate gozamos dunha fantástica cea cos anfitrións e os extremeños onde reinou a confraternidade e o bo cantar.
Moitas grazas aos amigos da SR de Calo aos que esperamos escoitar moi pronto por esta Costa da Vida.

No hay comentarios: