Vistas de página en total

martes, mayo 17, 2011

Actuación en Calo (Teo)



O vindeiro sábado 21 de maio a Coral Xan Mella participará no IV Certame de Corais que organiza a S. R. Calo no Auditorio da Ramallosa no Concello de Teo.
Compartiremos cartel coa coral Airiños de Quenxe de Corcubión, Coral Vera Cantorum de Villanueva de la Vera (Cáceres) e os anfitrións da Polifónica de Calo.
A coral que dirixe Tatiana Pankrátova presentará un variado programa de habaneras e pop internacional e estreará un novo tema: a peza popular galega "Ruada de Chamosa".
O Concerto será ás 19:30 horas
E o sábado 28 de maio estaremos en Muxía participando no III Encontro de Corais da Costa da morte que organiza a Asociación Neria

No hay comentarios: