Vistas de página en total

miércoles, junio 01, 2016

Do concerto en Fene e máis



As dúas corais da AMC Pepe Valiña de Baio , dirixidas por Tatiana Pankrátova, participaron no Festival das Letras Galegas en Fene o sábado 14 de maio convidadas pola anfitrioa Coral San Valentín e na que tamén participou a Coral polifónica de Carnota.
Os pequenos do Coro Xoven da Esmu Pepe Valiña , que facían a súa primeira saída oficial fora da nosa vila labartiana, foron os grandes trunfadores da tarde presentando un programa de cantigas galegas, música tradicional rusa e o tema "Hay un amigo en mi" da película Toy Story. 
A Coral Xan Mella cantou polifonía galega, relixiosa e temas de zarzuela e tivo un cariñoso recordo á coralista Elsa Lema, á que lle dedicamos o concerto, e á que lembrou o directivo Carlos Rodríguez á hora de recibir o agasallo dos anfitrións cunhas agarimosas verbas.
Foi un fermoso e emotivo festival no que nos acompañaron as pianistas Lucía Espasandín e Antía Vidal.
Moitas grazas ao señor Permui (presidente da coral San Valentín de Fene) e a Miriam González Marín, a  súa directora, polo ben que fomos tratados tanto no festival como nos pantagruélicos pinchos do post-concerto.

  • Xa o sábado 27 de maio, como é tradicional ano tras ano, a coral Xan Mella  cantou a Misa de Corpus na Igrexa de Baio pequeno.
E estamos cos preparativos do  XIV Encontro de corais  que celebraremos en Baio o sábado 18 de xuño ás 21:00 horas na Igrexa Nova e no que participarán as seguintes agrupacións polifónicas:

  • Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio
  • Coral Casa do Mar da Coruña
  • Coral Fonte do Souto de Culleredo
  • Coral Xan Mella de Baio

No hay comentarios: