Vistas de página en total

domingo, noviembre 08, 2015

Do concerto en Pazos

Fermosa xornada a que vivimos onte en Pazos de Ponteceso onde compartimos esceario coa Coral Casa do Mar da Coruña e a anfitrioa Coral San Salvador.
Moito público, e moita calor, no local da Asociación que poido gozar de cantigas galegas, boleros, folclore internacional, habaneras e panxoliñas nunha xornada que rematou cunha pantagruélica cea post-concerto no que non faltaron os "coros e danzas" de rigor.
Moitas grazas aos nosos amigos de Pazos e tamén aos colegas da Coruña aos que pronto teremos o pracer de escoitar na nosa vila labartiana.
Este encontro polifónico estaba encadrado na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
E agora a preparar o XII Memorial Pepe Valiña que celebraremos en Baio o domingo 13 de decembro e no que participarán as seguintes agrupacións:
  • Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio
  • Coral San Salvador de Pazos (Ponteceso)
  • Coral San Valentín de Fene
  • Coral Xan Mella de Baio

No hay comentarios: