Vistas de página en total

martes, junio 23, 2015

Do XIII Encontro de corais en Baio






Coa Igrexa nova ateigada de xente celebramos o pasado sábado o XIII Encontro de corais coas polifónicas amigas Máximo Gorki de Vigo e Alborada de Viveiro (Lugo).
Fermosa velada na que se puideron escoitar cantigas galegas, habaneras, bandas sonoras, pop, boleros... e ata  música étnica.
Abriu o encontro o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio que, despois do seu exitoso debut no Nadal pasado, volveu a demostrar que a canteira promete moito. Por riba de todo gustou a interpretación de “Hay un amigo en mi”, da película Toy Story, acompañados ao piano por Lucía Espasandín. Foron os verdadeiros triunfadores da noite.
A Coral Máximo Gorki de Vigo presentou un programa moi variado no que destacamos a magnifica interpretación do tema tradicional surafricano “Somagwaza/Aya Ngena”.
Xa en terceiro lugar a Polifónica Alborada de Viveiro foi moi aplaudida na versión que fixeron de “Es mi viejo San Juan”  de J. Trayter.
Nós, os da Xan Mella xogábamos na casa, pechamos este XIII Encontro de corais cun programa ecléctico de cantigas galegas, habaneras e música pop e fomos moi felicitados e aplaudidos sobre todo pola interpretación de “Hijo de la luna” de Mecano.
Moitas grazas a todo o público que nos acompañou, tamén aos coralistas e directores convidados e tamén a Lucía Espasandín e Antía Vidal, pianistas das dúas corais anfitrionas.
Como remate... pantagruélica papatoria post-concerto no Pavillón xentilmente cedido polo Concello de Zas.
E agora, vacacións e despois... principiaremos o curso o Sábado 8 de agosto en Viveiro (Lugo) convidados pola Coral Alborada.


No hay comentarios: