Vistas de página en total

lunes, octubre 20, 2014

Do Encontro de corais da Costa da Morte





Rematamos un outubro moi movidiño facendo a nosa cuarta actuación do mes no Encontro de Corais da Costa da Morte que organizou a Asociación NERIA e que se celebrou na Casa da Cultura de Corcubión o pasado sábado.
A nosa Coral Xan Mella compartiu esceario coas corais de Cesullas (Cabana de Bergantiños), Muxía e a anfitrioa "Airiños" de Quenxe" nun festival no que se poideron escoitar cancións sudamericanas, cantigas galegas, moitas habaneras e temas pop.
Nós (ainda que algo mermados de voces a causa de cinco baixas no plantel) fomos moi aplaudidos e felicitados e o auditorio bateu palmas e gozou ao compás de Katiusha.
Unha fermosa xornada de confraternización que rematou cos agasallos por parte de Neria dunhas pezas de cerámica exclusivas do artista Nacho Porto e un pincheo post-concerto no que non faltaron as cantigas de sobremesa.
Felicitacións a Neria por seguir organizando esta festa da música coral da Costa da Morte que esperamos se repita o vindeiro ano.

No hay comentarios: