Coral polifónica Xan Mella

Este caderno de bitácora (a falta de páxina web) quere ser o sitio de encontro e información de todos os que formamos a familia da Coral polifónica Xan Mella de Baio. Aqui informaremos das actuacións, poñeremos fotos, escribiremos sobre as nosas inquedanzas e debatiremos sobre a música coral na nosa Costa da Morte. Para contactar con nós: coralxanmella@hotmail.com ou no tfno: 981 71 81 59

Nombre:

lunes, diciembre 05, 2011

Concerto en Malpica

O vindeiro sábado 10 de decembro a nosa Coral Xan Mella participará nun encontro polifónico en Malpica de Bergantiños convidados pola coral local e onde tamén participará a Coral Endesa de As Pontes de García Rodríguez.
O encontro de corais será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Malpica e baixo a mestría de Tatiana Pankrátova interpretaremos un variado repertorio onde incluiremos habaneras, canción galega, pop e folclore internacional.
E o sábado 17 en Baio pecharemos o ano co tradicional Concerto de Nadal Memorial Pepe Valiña onde teremos como polifónicas convidadas á Coral O Son dos Cantares de Mos (Pontevedra), Coral Eo Musical de Vegadeo (Asturias) e á Coral Polifónica de Beluso de Bueu (Pontevedra)