Vistas de página en total

lunes, mayo 09, 2011

A música das imaxes, imaxes para un músico

Dez anos fai que nos abandonou un amigo: músico, animador cultural, escritor, pedagogo, compositor, director, dramaturgo, político… Un amigo polifacético pero, sobre todo, Amigo.

Con Hernán Naval compartín moitas horas de conversas nas que falamos do divino e do humano arredor da filosofía e da música. Paradoxicamente foi el o que me descubriu a Walter Benjamín e fun eu o que lle amosei que a música de jazz podía ser unha boa “terapia” para os seus educandos.

Moitas van ser as homenaxes destes días e dende aquí vos quero convidar a unha delas:

Outro amigo, un amigo común, o deseñador Chenchu López (que leva traballando altruistamente para a Coral Xan Mella dende a súa fundación facendo os carteis do Memorial Pepe Valiña e outros deseños) recupera carteis feitos por el para a Banda de Ribadeo que dirixiu Hernán.

A exposición leva por título “A música das imaxes, imaxes para un músico” e poderá verse entre os días 13 e 22 de maio de 2011 na antiga Oficina de Turismo de Ribadeo (Lugo), no Parque de San Francisco.

Se vos pasades por Ribadeo non dubidedes e ide a visitala. Non vos defraudará.

Antonio Díaz Amor

(presidente da AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella)

1 comentario:

ajaspino dijo...

Moitas grazas Coté pola nota e moitas grazás á Coral por deixarme 'executar' os vosos carteis.