Vistas de página en total

miércoles, mayo 04, 2011

Do Concerto en Beluso



O pasado domingo foi o Día da Nai e tamén o Día do traballo e nós celebrámolo como mellor o sabemos facer: cantando cos amigos. Esta vez foi en Beluso-Bueu (Pontevedra) onde compartimos cartel coa polifónica local e Voces amigas de Moraña.
Cos de Moraña xa tíñamos cantando fai uns anos en Pontedeume e decatámonos que dende aquela medraron en calidade. Co traballo do día a día e o esforzo vese que se poden conseguir moitas cousas.
Gratamente sorprendidos quedamos ao escoitar as voces da Polifónica de Beluso pois tan so con 25 compoñentes presentan unhas voces moi afinadas, empastadas e con moita potencia (algo dificil de escoitar nestes tempos nos que prima máis a cantidade que a calidade). Baixo a batuta do profesor Jose Ramón Portela Otero presentaron un programa moi compensado do que destacamos "Iluxit Nobis Hodie" e "In monte oliveti.
A nosa Coral Xan Mella (sempre baixo adirección da nosa fundadora Tatiana Pankrátova) sigue na liña de presentar programas variados que mesturan polifonía litúrxica con música galega, hananeras e, esta vez, o estreo do tema pop "California dreamin".
Fomos moi aplaudidos e felicitados nunha igrexa ateigada e cunha acústica impresionante. O tema de The Mamas & The Papas foi un éxito o día da estrea pola nosa coral. Para escoitalo pincha aquí
Ao remate poidemos disfrutar dunha agradable xornada de convivencia post-concerto cun pincheo pantagruélico onde non faltaron as cantigas (agora xa dun xeito máis informal).
Moitas grazas aos nosos amigos de Beluso aos que esperamos escoitar moi pronto en Baio para gozar do seu bo facer polifónico.
Próximas actuacións:
  • Sábado 21 de maio en Calo-Teo (Santiago)
  • Sábado 28 de Maio en Muxía, III Encontro de corais da Costa da Morte

1 comentario:

MIRIAM dijo...

Son Miriam, a secretaria da polifónica de Beluso. Estamos moi agradecidos polos vosos comentarios sobre nós. Os membros da nosa coral quedamos encantados coa vosa actuación e coa calidade das vosas voces ademais da simpatica e o agrado co que nos tratastes. Moitas gracias por vir e esperamos vernos pronto.