
O vindeiro sábado 23 de outubro ás 20:00 horas celebraráse no Auditorio de Cabana de Bergantiños o II Encontro de Corais da Costa da Morte que organiza a Asociación Neria e no que participarán as seguintes agrupacións polifónicas:
Coro de Mulleres de Camariñas
Coral Brisas do Mar de Corme
Coral Virxe da Barca de Muxía
Coral Neria da Costa da Morte
Coral Xan Mella de Baio
Coral de Cesullas
A nosa coral dirixida, coma sempre, por Tatiana Pankrátova cantará un tema galego ("Terra Meiga", de Rey Rivero), unha canción pop ("Hijo de la luna", de Mecano) e rematará coa habanera "Torrevieja" de Ricardo Lafuente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario