Vistas de página en total

lunes, junio 07, 2010

VIII Encontro coral en Baio

O vindeiro sábado 19 de xuño celebraremos na Igrexa nova de Baio o VIII Encontro de Corais na que participarán a Coral do Liceo de Noia, a Coral do Rosal (Pontevedra) e a anfitriona Coral Xan Mella. O concerto está patrocinado pola FECOGA e a Xunta de Galicia e tamén colaboran o Concello de Zas e a Deputación de A Coruña. O encontro polifónico será ás 21:00 horas e a Coral Xan Mella estreará a "Habanera de Baio" con música de Perfecto Varela Vázquez e letra de Antonio Díaz Amor
Despois do concerto a Xan Mella collerá unhas merecidas vacacións; pero antes celebraremos a Festa da Cachela de San Xoán a noite do 23 de xuño con sardiñas e boroa de balde e o venres 25 de xuño será a Festa de Clausura da Escola de música da AMC Pepe Valiña.
Estades todos convidados.

No hay comentarios: