Vistas de página en total

miércoles, mayo 12, 2010

En terras pondalianas


O luns 17 de maio a Coral Xan Mella actuará en O Couto (Ponteceso) dentro da xornada que a Asociación Cultural Monte Branco adica ás "Letras de Baio". O concerto será ás 12:30 horas no Salón de actos da Fundación Eduardo Pondal.
Antes diso o noso presidente, Antonio Díaz Amor, participará nunha mesa redonda onde se falará da cultura baiesa e na que tamén estarán Xose María Lema, Ricardo Vigueret, Chema Rey, Jorge Mira e outros baieses.

Vindeiras actuacións:
  • 5 de xuño: misa de Corpus en Baio pequeno
  • 12 de xuño: misa de voda en Baio pequeno pola tarde
  • 19 de xuño: misa de voda pola mañá en Cesullas e

VIII Encontro de Corais ás 21:00 na Igrexa nova de Baio

onde nos acompañarán a Coral do Rosal (Pontevedra)

e a Coral do Liceo de Noia.

1 comentario:

ajaspino dijo...

gústame a ilustración do carterl moi juapo