Vistas de página en total

sábado, enero 30, 2010

Asemblea AMC Pepe Valiña


O venres 29 de xaneiro a AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella celebrou asemblea anual ordinaria. Repasouse o feito no ano 2009 no que destacan as 18 actuacións da Coral Xan Mella (das que 13 foron fora de Baio: salientando as saídas a Xixón e a Paços de Ferreira en Portugal; sendo seleccionados por cuarta vez consecutiva para o Certame en Clave Coral, o que amosa que nos mantemos no bo camiño sempre baixo a batuta da profesora Tatiana Pankrátova), a organización da Cachela de San Xoán, as Rondas de Nadal e a importancia de seguir formando á xuventude no estudo do piano e da linguaxe musical dende a Escola de música Pepe Valiña.
O presidente presentou o proxecto para o ano 2010 informando que será o ano no que a coral Xan Mella gravará o seu segundo CD financiado pola Deputación de A Coruña e os Estudos Mans-Paideia.
Ao remate reunímonos nunha cea de confraternidade convidados por Casa Ovidio na que aos postres non faltaron as cantigas acompañados polos nosos amigos do Tren da unha de Laxe e Óscar o alicantino.

No hay comentarios: