
Por fin... Rematamos a nosa xira outonal onte no Concello de Teo e (aínda que nos queda o VI Memorial Pepe Valiña o vindeiro fin de semana en Baio), despois de actuar en Campañó (Pontevedra), Paços de Ferreira (Portugal), Vilaboa, Corcubión e Carballo estamos moi satisfeitos de como soou a coral e das moitas felicitacións recibidas.
O concerto de onte na Igrexa de Santa Eulalia de Oza pode ser un resumo do que fixemos dende o verán ata aquí: habaneras, cantigas galegas e folclore internacional conformaron un programa variado no que a coral soou potente, afinada e moi empastada.
Onte no Cantateo compartimos cartel co Grupo de Canto Aleceia dos Tilos (Santiago) que nos gostaron moitísimo e cos que conpartimos un post-concerto moi divertido con bos manxares, bo viño e boas cantigas.
Agora: o concerto do sábado en Baio ás 21:00 horas na Igrexa nova e despois... vacacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario