

O do sábado en Carballo foi... fantástico. Tres boas corais ( perdón: catro, porque as voces brancas da coral anfitriona o fixeron moi ben), deixando o pavillón moi alto cada unha co seu estilo. Delo dá boa conta La Voz de Galicia. A pesares da auga, do vento, do granizo, dos "raios e centellas" o Pazo da Cultura estaba cheo e poidemos disfrutar dun recital polifónico como poucas veces se escoita nesta Costa da Vida.
E do post-concerto?.... Im-presionante
Moitas grazas aos nosos amigos anfitrións da Coral polifónica de Bergantiños e tamén áos nosos amigos da Coral Padronesa.
Este fin de semana que ven, por fin,... descansamos. Colleremos folgos e iremos cantar o domingo 13 a Teo, cerquiña de Compostela, e despois estamos xa cos preparativos do ¨Concerto de Nadal VI Memorial Pepe Valiña", o 19 de decembro en Baio no que haberá moitas sorpresas.
¡Contamos con vos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario