A Coral polifónica Xan Mella actuará o sábado 31 de outubro en Campañó (Pontevedra) no IV Certame en clave coral. A coral baiesa compartirá cartel coa Coral polifónica Baiona La Real de Baiona e os anfitrións Airiños de Campañó. Esta é a cuarta vez que a coral que dirixe Tatiana Pankrátova é seleccionada pola Fecoga e a Xunta de Galicia para participar no Certame En clave coral. O Concerto será ás 20:00 horas no Centro cultural de Campañó.
A foto que ilustra esta entrada é das flores de liño tecidas a man que as mulleres da nosa coral estrearán no Concerto de Nadal. Son un agasallo de Carme Riveiro, presidenta da Asociación Amigos do Liño de Baio-Zas, que xa nos tiña agasallado cos chales de liño que veñen lucindo as féminas da Coral Xan Mella.
Dende estas liñas agradecerlle a Carme Riveiro e aos Amigos do Liño todo o ben que se portan coa nosa asociación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario