En Pontevedra
Unha tapiña de polbo antes da comida
No Monte de Santa Tecla
En Combarro
Este pasado fin de semana a Coral Xan Mella viaxou á vila pontevedresa de O Rosal para participar no XX Festival de Músicos Xóvenes. Tamén aproveitamos a xornada dominical para facer un pouco de turismo visitando Combarro, Pontevedra e o Monte de Santa Tecla.
En O Rosal compartimos cartel coa Coral Ventos do val de Petelos (Mos) e os anfitrións da Coral da agrupación musical do Rosal. A Praza do Calvario estaba a rebosar e ante un público entendido como poucos (a Escola de música desta vila é das máis importantes da provincia e conta cunha banda de música famosa en toda España) fomos moi aplaudidos e felicitados a pesares de cantar ao aire libre e cunha acústica que non é a máis axeitada para a polifonía.
Rematamos a noite cos pinchos post-concerto (por suposto que non faltou o albariño) e despois... volta á nosa Porta Grande da Costa da Morte pois ao día seguinte había que traballar.
Dende estas liñas o noso agradecemento á Coral do Rosal, unha coral amiga que esperamos escoitar moi pronto na nosa vila.
Para ver fotos do concerto pincha aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario