Vistas de página en total

lunes, agosto 31, 2009

Da viaxe ao Rosal

En Pontevedra
Unha tapiña de polbo antes da comida
No Monte de Santa Tecla
En Combarro

Este pasado fin de semana a Coral Xan Mella viaxou á vila pontevedresa de O Rosal para participar no XX Festival de Músicos Xóvenes. Tamén aproveitamos a xornada dominical para facer un pouco de turismo visitando Combarro, Pontevedra e o Monte de Santa Tecla.
En O Rosal compartimos cartel coa Coral Ventos do val de Petelos (Mos) e os anfitrións da Coral da agrupación musical do Rosal. A Praza do Calvario estaba a rebosar e ante un público entendido como poucos (a Escola de música desta vila é das máis importantes da provincia e conta cunha banda de música famosa en toda España) fomos moi aplaudidos e felicitados a pesares de cantar ao aire libre e cunha acústica que non é a máis axeitada para a polifonía.
Rematamos a noite cos pinchos post-concerto (por suposto que non faltou o albariño) e despois... volta á nosa Porta Grande da Costa da Morte pois ao día seguinte había que traballar.
Dende estas liñas o noso agradecemento á Coral do Rosal, unha coral amiga que esperamos escoitar moi pronto na nosa vila.
Para ver fotos do concerto pincha aquí

lunes, agosto 24, 2009

Concerto en O Rosal

O vindeiro domingo 30 de agosto a Coral Polifónica Xan Mella de Baio (Zas) participará nun Festival de Corais na vila pontevedresa de O Rosal. O encontro polifónico será na Praza do Calvario ás 21:00 horas e a coral que dirixe Tatiana Pankrátova compartirá cartel coa Coral Ventos do Val de Petelos (Mos) e os anfitrións da Coral da Agrupación musical do Rosal.
Como non todo vai ser cantar aproveitaremos a xornada dominical para facer un pouco de turismo visitando as vilas de Combarro, Pontevedra, Redondela e o Monte de Santa Tecla.

miércoles, agosto 12, 2009

Bogart, Xan Mella e a loto de Nadal

Posted by PicasaNovas circunstancias esixen novos xeitos de actuar. A nova circunstancia é a crise (que xa non é tan nova... xa nos estamos afacendo a ela) e o novo xeito de actuar é poñer como reclamo da nosa lotería de Nadal ao Humphrey Bogart a ver se así vos animades a colaborar. E ogallá que vos toque!!!
Vai ser un Nadal de cine e o comezo dunha boa amizade.
O nº que xogamos este ano é o 35.630

lunes, agosto 03, 2009

Xan Mella vs Sprinsgteen?











Coincidimos en día e hora co concerto do "Boss" en Santiago de Compostela...
Na Igrexa de Zas non pasou coma no Monte do Gozo... ainda quedaron algúns sitios libres.
Pero estamos moi contentos da resposta do público e da nosa interpretación musical que clausuraba a II Semana cultural do Concello de Zas.
Dende esta bitácora grazas ao Concello de Zas e tamén a Don Severo por deixarnos cantar nunha igrexa cunha acústica moi boa.