Vistas de página en total

lunes, junio 22, 2009

Do concerto en Baio

Despois do concerto... máis festa
O alcalde de Zas agasallando ao presidente da coral Ars Nova de Infiesto (Asturias)

Con grande éxito de público (a igrexa nova estaba ao completo) celebramos o sábado pasado en Baio o VII Encontro de Corais.
Abriu o concerto a Coral a Gaiteira de A Coruña, dirixida por Antonio Piñeiro, que, a pesares de ser somente dazaoito coralistas, soaron moi afinados e gustaron sobre todo no pupurri de boleros e na "Canción de Solveig" con Mª Cruz Iglesias de soprano solista cunha gran voz que recibiu moitísimos aplausos do público.
En segundo lugar a Coral piloñesa Ars nova de Infiesto (Asturias) amosou porque é unha das corais asturianas máis laureadas. Dirixida por Miriam Martínez presentou un programa moi variado e foron moi aplaudidos os temas "El hombre del piano" e "María la portuguesa".
Como peche actuou a coral anfitriona Xan Mella dirixida por Tatiana Pankrátova. A coral segue a medrar en cantidade e calidade soando moi afinada e potente destacando nos matices harmónicos. Moi aplaudido foi o tema "Lela" (a primeira vez que se cantaba en Baio) e as dúas habaneras.
E despois cea pantagruélica cos callos cociñados por Isabel do Muíño no que non faltaron os cantares de sobremesa. E despois... máis festa por Baio.
Foi unha bonita noite musical e de amizade e dende aquí moitas gracias aos nosos amigos de A Coruña e de Infiesto.

No hay comentarios: