A Coral polifónica Xan Mella ofrecerá unha actuación en Muxía o vindeiro domingo 24 de maio ás 20:00 horas no Salón do voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples.O acto, organizado pola Asociación Neria e o Concello de Muxía, está enmarcado dentro das Xornadas sobre o Bicentenario da invasión francesa e, previamente ás 19:00 horas Manuel Vilar ofrecerá unha conferencia co título "Os franceses na Costa da Morte".
A coral que dirixe Tatiana Pankrátova presentará un programa de cancións galegas e habaneras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario