Vistas de página en total

domingo, mayo 31, 2009

Actuación en A Coruña


A Coral Xan Mella actuará o vindeiro sábado 6 de xuño en A Coruña no Auditorio do Forum Metropolitano ás 20:30 horas. Será un festival no que compartiremos cartel coas corais Polifónica Moañesa (Pontevedra) e a Coral de As Pontes de García Rodríguez. Presentaremos un programa de habaneras, cancións galegas, música rusa e o famoso "Eres tú".
E ao día seguinte, domingo 7 de xuño, a nosa coral, que dirixe Tatiana Pankrátova, cantará a Misa da Milagrosa en Lamas (Zas) ás 13:00 horas onde estreará unha misa en galego.

Vindeiras actuacións:
  • sábado 13 de xuño: Misa de Corpus en Baio
  • sábado 20 de xuño: VII Encontro de corais coa Coral Ars Nova de Infiesto (Asturias) e Coral A Gaiteira de A Coruña. Baio, Igrexa nova ás 21:00 horas

miércoles, mayo 27, 2009

Do concerto en Muxía

O domingo pasado cantamos en Muxía no "Salon do Voluntariado" e todo foron parabéns. Presentamos un programa de cancións galegas e habaneras e, a petición do público, tivemos que agasallar ao repestable cunha propina que neste caso foi a habanera "Torrevieja".
O concerto foi organizado pola asociación Neria e dende esté blog queremos agradecerlle todo o bo trato ao secretario da asociación, Xan García, que se portou moi ben coa Coral.
As vindeiras actuacións será en A Coruña, no Forum Metropolitano o sábado 6 de xuño. E o domingo 7 cantaremos a misa da Milagrosa en Lamas (Zas). Seguiremos informando.

miércoles, mayo 20, 2009

A coral Xan Mella en Muxía

A Coral polifónica Xan Mella ofrecerá unha actuación en Muxía o vindeiro domingo 24 de maio ás 20:00 horas no Salón do voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples.
O acto, organizado pola Asociación Neria e o Concello de Muxía, está enmarcado dentro das Xornadas sobre o Bicentenario da invasión francesa e, previamente ás 19:00 horas Manuel Vilar ofrecerá unha conferencia co título "Os franceses na Costa da Morte".
A coral que dirixe Tatiana Pankrátova presentará un programa de cancións galegas e habaneras.

viernes, mayo 15, 2009

Video da actuación en Xixón


En youtube http://www.youtube.com/watch?v=Dst1NUd6zpY está o video de Terra Meiga da actuación en Xixón da Coral polifónica Xan Mella do sábado 9 de maio.

martes, mayo 12, 2009

Fotos da viaxe a Xixón





Aquí vos deixamos outra mostra fotográfica da fin de semana pasada. As fotos son obra dun bo amigo do coro: Juan Varela Gerpe, da Cafetería Ciudad Cristal de Baio.
E se queres saber máis do acontecido na viaxe pincha aquí.

lunes, mayo 11, 2009

Éxito en Xixón


A Coral Xan Mella actuou este pasado fin de semana na vila asturiana de Xixón no XIII Festival de masas corales e colleitou un rotundo éxito nunha igrexa de Fátima abarrotada de xente que rematou aplaudindo de pe a interpretación dos baieses e pedindo unha propina que neste caso foi o tema Ave María no Morro.
Gustou o programa en xeral, pero sobre todo Terra Meiga, Habanera salada e a galega Lela que encheu de emoción ao auditorio.
O balance do fin de semana non poido ser mellor: bo tempo, boas comidas (a fabada do Hotel-Restaurante Don Manuel estivo "im-presionante"), bos amigos xixoneses que nos convidaron a unha espicha pantagruélica, durmimos nun hotel de película (alí se rodou a oscarizada "Volver a empezar") e moi boa acollida á coral no campo da interpretación musical.

A parada en Ribadeo

Á volta de Xixón, e despois dunha longa noite na que puxemos á movida xixonesa de Cimadevilla a cantar A rianxeira, aproveitamos o domingo para tomar os viños e comer en Ribadeo ,no Mesón O Gaiteiro, e tamén para ver algunha cousiña na vila natal do noso presidente .
Aquí os deixamos unha escolma fotográfica:

Diante do Monumento ao gaiteiro galego en Santa Cruz (Ribadeo)
¿Será o gaiteiro Xan Mella?

De visita na Praia das Catedrais (Ribadeo)Diante da "Torre dos Moreno" en Ribadeo

viernes, mayo 08, 2009

Programa a cantar en Xixón


Mañá sábado 9 de maio a Coral polifónica Xan Mella de Baio actuará nun festival polifónico en Xixón, será na igrexa de Fátima no Barrio de la calzada ás 20.00 horas, compartindo cartel co Ochote Villa de Gijón e a Coral polifónica villa de Jovellanos.
A coral que dirixe a profesora Tatiana Pankrátova interpretará o seguinte programa.

1.- Como la flor…….........….. Harm. E.M. Torner
2.- Terra meiga….................................Rey Rivero
3.- Jardín de ensueño…...................... Rey Rivero
4.- Lela….......Castelao/Domínguez/T. Pankrátova
5.- Habanera salada….............. Ricardo Lafuente

jueves, mayo 07, 2009

O "Presi" en La Voz



Hoxe o xornal "La Voz de Galicia" na súa edición de Carballo trae unha breve entrevista co noso presidente onde fala sobre o que está a acontecer na Coral Xan Mella.


(A foto é cortesía de Jose Manuel Casal)