
Na asemblea repasouse o feito durante o ano 2008 destacando os concertos celebrados pola coral en Pontedeume e Padrón e o ser sidos seleccionados por terceiro ano consecutivo para o III Certame en Clave coral que organiza a Fecoga e a Xunta de Galicia, e por suposto, lembrouse con ledicia o primeiro premio acadado en Infiesto (Asturias) no II Certame nacional de coros de la avellana.
Tamén se presentou o programa para este ano 2009 no que a coral ten confirmada xa a súa participación en certames de polifonía en Valdeorras, Xixón, A Coruña, O Rosal (Pontevedra), Vilaboa (A Coruña) e os xa tradicionais festivais en Baio a celebrar o 20 de xuño e o 19 de decembro.
Despois... pantagruélica papatoria servida por Casa Ovidio... pero iso xa é outra historia da que daremos conta.
A foto é cortesía de La Voz de Galicia (Para máis información pincha aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario