
Canta Amaral que chegará a tormenta... e vaia se chegou. O fin de semana pasado tivo que suspenderse o ensaio da coral, tampouco houbo asemblea da asociación de viciños... pero a pesares de todo o mundo non se parou. Non había electricidade (cousa rara pola Costa da Morte) ... e, ata as tres da madrugada, á luz das candeas se celebrou o tradicional Campionato de dominó do Bar Trébol de Baio no que quedaron campións a parella formada por Pepe Mira e o Doctor Jaén ( a final a xogaron contra Rojo-Chino).
Tamén se celebrou a cea anual da peña "Os neutros" en Casa Rogelio. Principian as cuchipandas pre-antroido. Seguiremos informando.
E é que con viño e porco...aínda a media luz... as penas son menos penas.
¡Cuidado co colesterol!
No hay comentarios:
Publicar un comentario