Vistas de página en total

sábado, enero 31, 2009

"Y todo a media luz"


Añadir imagen
Canta Amaral que chegará a tormenta... e vaia se chegou. O fin de semana pasado tivo que suspenderse o ensaio da coral, tampouco houbo asemblea da asociación de viciños... pero a pesares de todo o mundo non se parou. Non había electricidade (cousa rara pola Costa da Morte) ... e, ata as tres da madrugada, á luz das candeas se celebrou o tradicional Campionato de dominó do Bar Trébol de Baio no que quedaron campións a parella formada por Pepe Mira e o Doctor Jaén ( a final a xogaron contra Rojo-Chino).
Tamén se celebrou a cea anual da peña "Os neutros" en Casa Rogelio. Principian as cuchipandas pre-antroido. Seguiremos informando.
E é que con viño e porco...aínda a media luz... as penas son menos penas.
¡Cuidado co colesterol!

jueves, enero 15, 2009

Máis sobre o V Memorial

Menuda festa tivemos despois do Concerto de Nadal V Memorial Pepe Valiña!. Fumos case 150 persoas que degustamos productos da terra galega (os callos cociñados por Isabel do Bar O Muíño de Baio estaban fantásticos), regados con bo viño e na que non faltaron as típicas cantigas de sobremesa cos nosos amigos da Coral polifónica de Bergantiños (Carballo) e da Coral Eumesa de Pontedeume.
Gloria Pardines e Tatiana Pankrátova:
dúas moi boas profesionais
e dúas moi boas amigas.


A Coral polifónica Xan Mella en plena actuación
neste V Memorial Pepe Valiña

sábado, enero 03, 2009

Ronda de Nadal II







Non podía ser doutro xeito: principiamos o ano con música. Os de Xan Mella e O tren da unha show de Laxe saímos o venres día 2 outra vez de ronda polas tabernas de Baio. Outra vez tivemos a compañía de Josito Díaz ao acordeón e esta vez xuntousenos o amigo Perfecto Varela ao saxo que arrancou moitas emocións no auditorio. Foi tal o éxito que estamos pensando en repetilo, polas moitas peticións que temos, a vindeira noite de reis.