
O pasado venres á noitiña saímos de
Ronda de Nadal polas rúas e tabernas de Baio lembrando aquelos tempos nos que se ía cantar polas casa pedindo o aguinaldo. Os de
Xan Mella estivemos acompañados polo
Tren da unha show de Laxe (
Piticas á guitarra e
JesusMari ás percusións) e a media travesía xuntouse a nós
Jose Díaz ao acordeón. Non só foron as panxoliñas típicas destas festas as que se poideron escoitar, tamén soaron cantigas galegas, habaneras, canción sudamericana e algunha que outra rusa para agasallar a uns amigos bielorrusos e ucraínos que acompañaron á nosa directora nestas datas.
O noso agradecemento á Raxería os Arcos, Bar O Trebol, Cafetería Ciudad Cristal e Cafetería O Hórreo.
Foi unha noite de festa e camaradería que se repetirá o venres día 2 de xaneiro outra vez polas rúas e tabernas de Baio: esta vez principiaremos na Taberna de Paulino e continuaremos polo Bar O Cruce, Cafetería Galaxia, Bar o Muíño e Casa Rogelio, entre outros.
A todos os que colaboraron e disfrutaron con nós moitas grazas.
E a TODOS, sen distinción, que despidades o ano con ledicia
e que o 2009 sexa aínda mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario