


O pasado sábado celebramos o V Memorial Pepe Valiña e a Igrexa nova de Baio, unha vez máis volveu a quedar pequena a pesares do moito frío que facía.
Abríu o Concerto de Nadal a Coral polifónica de Bergantiños que nos ofreceu un repertorio baseado sobre todo en panxoliñas; gustou moito, sobre todo a Suite comercial navideña e o tema de ABBA Chiquitita co que pecharon a súa actuación.
A Coral eumesa viña curta de voces e o frío fixo que non poidesen cantar a rusa Kalinka cun baixo solista que nos gustara moito en Pontedeume; aínda así cumpliron e recibiron fortes aplausos.
A Coral polifónica Xan Mella pechou o festival. Era o primeiro concerto que cantabamos en Baio despois de ter gañado o primeiro premio no Festival de Infiesto e o público agradeceu como nunca o bo facer dos músicos baieses que cantaron parte do programa gañador e pecharon a súa actuación coa habanera Jardín de ensueño. Seguridade, empaste e afinación, froito do traballo do día a día, fan que a nosa coral sega medrando na calidade interpretativa.
Un bo encontro polifónico coas, posiblemente, dúas mellores corais na actualidade da Costa da Morte e unha Coral Eumesa que tamén deixou o pavillón alto.
E despois... nun próximo post o contaremos.
A AMC Pepe Valiña e a Coral Xan Mella desexanvos unhas Boas Festas de Nadal e que o ano 2009 veña cargado do mellor para todos vos.