



A nosa Coral polifónica Xan Mella cantou onte en Pontedeume e todo foi moi ben (a excepción do tempo... climatolóxico) xunto a Voces Amigas de Moraña (Pontevedra) e a anfitriona Coral Eumesa. De remate as tres corais cantamos xuntas O voso galo e O miudiño e parece que gustou dabondo. Despois a cea no Hotel Eumesa... fántastica!, tanto en cantidade como en calidade. E menuda festa no post-concerto coas cantigas e a guitarra do director eumés.
Moitas grazas aos nosos amigos de Pontedeume, personalizadas en Xosé Paz (director da coral) e o seu presidente Xosé Andrés.
Vémonos en Baio o 20 de decembro no V Memorial Pepe Valiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario