

Onte celebramos Santa Cecilia cantando no auditorio de Padrón compartindo cartel coa coral A Gaiteira de A Coruña e a anfitriona Polifónica Padronesa co motivo do III encontro En clave coral. Gostamos moitísimo e fomos moi aplaudidos. Seguimos no bo camiño. Foi unha bonita xornada de confraternización polifónica e de turismo cultural pola vila de Rosalía. Moitas grazas aos nosos amigos da polifónica padronesa polo ben que nos trataron, sobre todo grazas a Bascoy o seu presidente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario