Vistas de página en total

martes, noviembre 27, 2007

Concerto de Nadal

Como ven sendo tradicional o vindeiro sábado 15 de decembro celebraremos o Concerto de Nadal IV Memorial Pepe Valiña na Igrexa nova de Baio ás 21:00 horas.

Este ano seremos tres as corais participantes:
Coral polifónica do Sporting Club Casino
de A Coruña
Coral Villa de Jovellanos de Xixón
Coral polifónica Xan Mella de Baio
O xornal La voz de Galicia trae un reportaxe sobre o noso coro e sobre a nosa directora.

lunes, noviembre 12, 2007

Do concerto en A Coruña



A pesares de que non había escaleirado, a pesares de que as condicións acústicas eran pésimas... a pesares de iso e máis (a vida de "artista é moi dura") o concerto En clave coral 2007 que se celebrou onte no Centro social Torrente Ballester da cidade de A Coruña foi un éxito. Presentamos un programa variado (habaneras, cancións galegas e harmonizacións de temas pop españois) e fomos moi aplaudidos, sobre todo a interpretación de "Hijo de la luna". Compartimos cartel coa anfitriona Canticorum e a Coral polifónica de Cariño e ao remate as tres corais xuntas "improvisamos" dúas melodías galegas: o Velai vai e O voso galo comadre, e non deberon de sair de todo mal pola cantidade de aplausos que se poideron escoitar.

martes, noviembre 06, 2007

Concerto en A Coruña


A nosa Coral polifónica Xan Mella participará o vindeiro domingo 11 de novembro na cidade de A Coruña, no Centro social Torrente Ballester (en Adormideras) ás 18:30 horas, nun concerto no que compartirá cartel coas polifónicas Canticorum e A Gaiteira, ás dúas da capital herculina.
O festival de polifonía é a segunda edición do certame "En clave coral"que organiza a Fecoga, a Xunta de Galicia e o Igaem. O ano pasado tamén fumos seleccionados e actuamos na Igrexa de San Pedro en Lugo.